miércoles, 27 de noviembre de 2013

Unha muller celta

Hola a todos, chámome Xinebra e son unha muller celta. Os meus país puxéronme ese nome que significa "branca como a espuma do mar", xa que cando nacín era tan branca coma un copiño de neve. Sempre me gustou a maxia e os conxuros, e é por iso que agora estou aquí contándovos isto. Un día facendo rituais e maxia que me ensinara  a miña avoa, debín de facer algo mal e aparecín neste mundo tan raro.
Xa que me aconteceu isto, aproveito para contárvos como era a nosa vida nos castros e como estábamos vistas pola socidade do noso tempo, pois sempre temos curiosidade polas cousas que non sabemos e nos estamos facendo continuas preguntas de cómo serían antes.
Polo que levo visto ata agora, a xente pensa que vivíamos na prehistoria e non tiñamos recursos. Pois non é verdade. Para empezar dicir que nosoutras, as mulleres, lavábamos dúas veces ao día, cousas que nin facían as mulleres romanas das clases altas. Encántanos adornarnos e coidar o noso físico. Para iso usamos de maquillaxe unhas herbas chamadas ruan para dar cor ás meixelas e os ollos os pintamos có xugo das baias. Tamén pintamos as uñas das mans e dos pes. Os peinados que más usamos son os cabelos recollidos en trenzas longas ás que lles poníamos adornos. En realidade todo o que se fai na actualidade xa o facemos nosoutras daquela, igual que agora, tamén nos gusta chamar a atención do home, por iso nas festas poñémonos as nosas mellores galas, con capas bordadas de ouro e plata. Pero tamén diciros que nosotras non pertencemos a ninguén, e ninguén nos obliga a casarnos con alguén que non queremos. Somos independentes e enamorámonos elixindo a quen queremos, como se fai agora. Cando casamos, os dous temos o mesmo poder sobre as nosas propiedades.
A pesar de todo isto, e todo o boas e dulces que podemos ser, todo iso esfúmase en canto participamos nas guerras, pois somos igual de bárbaras que os homes en canto sacamos toda a nosa furia. Nin un exército enteiro sería capaz de deternos se nos xuntamos todas. Ocurre o mesmo se notamos perigo na nosa familia, atacamos máis rabiosas que unha manada de lobas defendendo á súa camada. Defendemos as armas á perfección e luchamos ao lado dos homes tan ben coma eles ou ás veces incluso mellor. Na nosa sociedade aínda que había diferenzas, nestes aspectos somos iguais ca eles.
En xeral gustaríame que vos quedásedes cunha frase que nos define á perfección: NADA MÁIS DULCE E FIERO Á VEZ QUE UNHA MULLER CELTA.
Despois de contaros un pouco como somos, pois non quero que teñades ese concepto equivocado sobre nosoutras dos típicos tópicos como que non nos importa o noso físico, somos propiedade dos homes e nunca participamos nunha batalla, espero que todo isto vos servira de algo e eu mentras vou intentar buscar a unha meiga ou alguén que poida axudarme a volver á miña casa. Saúdos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario