lunes, 13 de enero de 2014

Recordos do franquismo

Os meus avós viviron en primeira persoa a época do franquismo, grazas a isto agora coñezo moitas máis cousas sobre eles. O malo é que os meus bisavós non viven e non puiden averiguar moito sobre eles. Aínda así, agora sei o que pensan, as súas ideoloxías e o mal que o pasaron para poder sobrevivir, pero sobre todo defendendo sempre os seus dereitos. Preguntándolles sobre todo isto, ensináronme estas fotos:


Trátanse da miña bisavoa Manola Sanjurjo López (a da primeira foto) e da miña avoa, (a da segunda) pasado xa o 72.  Para poder explicalas mellor tiven a axuda da miña avoa:
 
 
Nunha ocasión tamén chamaron do cuartel civil á miña avoa por pentercer a estes partidos e despóis falaron có meu avó para advertirlle de que a súa muller andaba metida niso pensando que él ía estar en contra dela. A xogada saíulles mal, pois o meu avó compartía as mesmas ideas que a miña avoa. Por sorte nunca chegaron a detelos.

A miña avoa

Cando lle preguntei á miña avoa paterna, Josefa Malde Sanjurjo, que me podía contar sobre o franquismo, explicoume todo sobre como se vivía naquel tempo, as malas condicións e a gran represión que había contra todo aquel que non seguía as ideas franquistas. Neste video conta un pouco cómo vivíu ela ese tempo, pois ela pertencía e pertence aos comunistas.

O meu avó

O seguinte video trata sobre unha historia que lle pasou ao meu avó Antonio Cabanas Anido na época de Franco cando él traballaba en Bazán. Nunca estivo de acordo có franquismo e debido a isto e os tempos tan duros que corrían acontecéulle isto:

A guerra e o meu bisavó

O mei bisavó José Malde Lagoa foi un dos tantos homes que foron á guerra no ano 1936, pois nesta época reclutaban a todos os homes fosen da ideoloxía que fosen para ir loitar. Neste caso, o meu bisavó estaba en contra das ideas franquistas e para que non os colleran tiñas que recorrer a calquer medio posible.  Aquí vos deixo unha historia que me contou a súa filla, a miña avoa: