lunes, 4 de noviembre de 2013

Galicia, a miña terra


Dende sempre pensei que Galicia era un dos mellores lugares do mundo e todo iba ben. Tamén pensaba que a política era algo que non influía na miña vida e que non tiña necesidade de saber nada sobre ela. Agora doume conta de que estaba equivocada. Claro que Galicia para mín segue sendo ese lugar verde e máxico coa súa particular morriña, as súas prais, paisaxes, lendas, recunchos máxicos, etc.

 

Pero tamén sei que podía ir mellor, xa sexa polos tempos nos que estamos ou os políticos, esas persoas nas que nunca mostrei interés hacia eles ata que en clase abríronme os ollos ata o punto de poder dicir que os nosas vidas e futuros dependen deles. Dánlle máis importancia a algunas cousas gastando o diñeiro, como A cidade da cultura, en vez de invertilo en cousas necesarias para a vida das persoas.


Buscando información encontrei una noticia que me pareceu bastante interesante, pois sempre dicimos que os políticos non se preocupan da súa terra e a súa xente, que en verdade pode que sea así, só temos que fixarnos en Galicia, tantas cousas que ten e ninguén as ve, ou todas as materias primas que hai e ninguén as aproveita.
A noticia a encontrei na Voz de Galicia, e foi a de Ramón Smits Álvarez  o alcalde holandés pero nacido en Carballo, que se suicidou no Rio Ulla e deixou unhas cartas que dician os seus deseos para Galicia:

«-Que todos tengamos una oportunidad para un empleo por lo que conocemos, y no por quién conocemos.
-Que un día ningún gallego tenga que ir fuera a trabajar porque no hay trabajo aquí.
-Que Galicia no es el fin de España, pero sí la puerta principal de Europa.
-Que a xente valore os políticos por su trabajo y no por las farolas que pone.
-Que falar galego en Galicia e fóra é algo do que podes estar orgulloso.
-Galicia está dentro de todos nós, e se pisas a terra, iso convértese en Galicia, si verdaderamente sientes eso, no hace falta ser independiente, porque xa o es.
-Eu non son nadie, pero xuntos somos algo máis».

Ista é a carta:

 
Cousas como esta son as que fan ver que sí hai xente que se preocupa por Galicia, sen importar todos os prexuízos que ten coma o do galego, xa que se dín que non sirve de nada, pero non o podemos perder, forma parte da nosa historia e cultura.
Aínda con todo isto e todos os cambios que tivo a miña terra, se a coidáramos máis e as persoas que a gobernan cumpriran todo o que prometen, sería perfecta, sen importar o seu tempo e a súa choiva, pois pode que tenga algunas cousas en contra, pero todas as cousas boas que ten as superan, só hay que saber mirar máis aló do que se ve, e máis alá dun mesmo.
 
 

2 comentarios:

  1. moi moi orixinal, encantoume. Son un gran seguidor do teu blog. Un saudo compañeira ;)!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas compañeiro! Espero que che gusten as próximas entradas, Un saúdo:)

      Eliminar