sábado, 16 de noviembre de 2013

Lenda ou verdade?

Hola a todos, chámome Alicia e son alumna de 2º de Bachiller. Un día na clase de historia de Galicia o noso profesor falounos dos castros, as lendas e cousas relacionadas có mundo celta e antigo de Galicia, sobre todo da Galicia máxica. Díxonos que tiñamos que investigar sobre iso e buscando información encontrei o castro de Penalba, que é un dos pablamentos castreños máis antigos de Galicia e está situado en Campo lameiro 
 

Decidin  ir velo có meu amigo Pablo. Chegamos e o primeiro que fumos ver foi a súa famosa Pedra da Serpe,
 
 
 
Cando a estábamos vendo, acercouse unha rapaza moi guapa e preguntounos se sabiamos as lendas que había sobre as serpes nese lugar. Nós dixémoslle que algunha,  pero non nos acabábamos de crer ningunha. Ela díxonos que eran verdade, pero que non lle tíñamos que ter medo, que foi hace moitos anos cando andaban por alí as serpes. Si que por unha parte representaba á morte e ao mal polo seu veneno, pero que nese lugar simbolizaba a fertilidade, salud e rexeneración, pois na antigüidade as parellas ían alí cando querían ter un fillo e levábanlle un vaso de leite á serpe para alimentala e así os axudaba. Por iso o debuxo era coma de dúas serpes con dous ovos para representar a fertilidade
Xirámonos para ver o petroglifo na pedra e parecíanos que só había una serpe debuxada, e cando íamos a preguntarlle á muller porque só había unha, a muller xa non estaba. Pereceunos raro pero tampoco lle dimos moita importancia. Antes de seguir a nosa exploración polo castro votámoslle unha última ollada á pedra e comprobamos que sí había dúas serpes, Sacamos algunhas fotos e continuamos.
Chegou a hora de irse e polo camiño paramos nun bar da zona que se veía que debía de levar alí moitos anos. O dono vino a falar con nós preguntándonos que facíamos por alí, de onde éramos e algunhas máis preguntas. Contámoslle que fumos visitar o castro e a pedra da serpe. O señor entón díxonos que se conta que aínda anda ás veces a serpe por alí, pero que se presentaba en forma humana, concretamente dunha muller fermosa para non asustar á xente có obxetivo de contar as lendas que a xente non cría e para ensinar que en realidade non eran seres malos.
Marchamos dese bar bastante sorprendidos, pois dímonos conta de que todas aquelas cousas eran verdade e habíamos falado cunha serpe, concretamente coa serpe da pedra. 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario