Fun coa miña nai, tia e os meus curmás de visita á casa dos nosos avós en Esmelle. Chegamos e despois de saudálos os meus curmás e eu decidimos ir dar unha volta polos arredores da casa. Votamos a andar polo monte e despois dun rato xa estabamos cansados e buscamos algo onde sentarnos. Vimos ao lexos unhas pedras e pensamos que iso podía ser un bó sitio para descansar. Acercámonos e cando nos íamos sentar a miña curmá máis pequena dixo:
-Fixádevos! Ata parece que as pedras fan un debuxo! Fixo que alguén colocounas así para que a xente puidera sentarse.
A verdade é que tiña razón, aquelas pedras non parecían que estiveran así colocadas de casualidade ou efectos da natureza. Aquí os deixo algunha foto:
Volvímos á casa e preguntámoslle ao noso avó que eran esas pedras. Contounos que pertencían a un antigo castro, ao Castro de Tralocastro, e díxonos que íamos a velo outra vez pero esta vez íanos contar a historia. Mentras íamos camiñando, contounos que este castro permaneceu ahí dende antes da invasión romana, pois ten aún restos de casas circulares, Tamén consérvase moi ben a entrada ao castro. Foi habitado por unas 600 persoas e ten una dobre muralla, cousas como istas son as que, como explicounos o meu aó, o que lle dan unha natureza imperial.
A lenda conta que había baúles cheos de moedas e xoias de ouro, pois encontrouse un colar de ouro. Tamén contan que había túneles que comunicaban ata a Praia. Outra lenda que se dí e que os romanos asentáronse e enfrentáronse dende ahí a cañonazos cós ingleses en 1700 cando viñeron polas costas a conquistarnos, por iso aparte do ouro, tamén garda unha potente historia guerrera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario