Fai uns días coñecín a unha nena que se chamaba Mariña Mariño. Chamoume a atención que o nome e o apelido parecéranse tanto e pregunteille se tiñan algo que ver. Díxome que sí, que todo estaba relacionado e empezou a contarme unha lenda galega.
A lenda conta que fai anos vivía un señor chamado Don Froyaz de Froilán que paseando pola Praia encontrou unha sirea e aproveitando que estaba durmida a levou para a súa casa e empezou a chamarlle Mariña. Mariña non sabía falar e Don Froilán fixo todo o posible para ensinarlle pero non o conseguíu. Na noite de San Xoan, a noite máxica dos celtas, fíxose a famosa hoguera e Don Froilán fixo o amago de tirar ao seu fillo, entón a sirena gritou de feito milagroso por él e chamáronlle ao neno Xoán.
A miña amiga Mariña contábao con certo entusiasmo, falando da lenda e dicíndome que ao ser irmán tamén lle puxeron Xoán, pero viu que eu non me acababa de crer iso, entón díxome que contan que é verdade, pois aos fillos deles comezaron a chamarlles mariños e o escudo dos Mariño ten tres ondas e unha sirena.
Ela mesma tiña un na súa casa, polo tanto ao final pode que sexa verdade, pois dalgún lado teñen que vir tantas casualidades. Quen sabe...
No hay comentarios:
Publicar un comentario