martes, 20 de mayo de 2014

Demasiadas tecnoloxías

Demasiadas tecnoloxías, é o primeiro que se me ven á cabeza se penso no futuro.
Có paso dos anos non saberemos facer nada, pois as máquinas faran todo por nós, Chegaremos a ser seres que están no mundo por estar, xa que non realizaremos ningunha función útil para o mundo no que vivimos. É certo que España, en concreto Galicia, xa que é a miña terra e vou falar dela, non está aínda tan modernizada como pode ser por exemplo un país como China. Aínda así, só é cuestión de tempo. Galicia sempre caracterizouse por ser agraria, por ter abundante ocupación no sector primario, a diferenza das outras comunidades. Isto é o único que igual salva a Galicia da desaparición da súa xente, pois sempre quedarán persoas que se encarguen do campo e da agricultura e gandería. Pero que isto siga asi, depende de nós. Nos estamos convirtindo nunha sociedade que vive por e para as tecnoloxías, nunha sociedade que non pode saír de casa se o seu teléfono móvil ou sen ter internet. Pois isto é o que acaremos sendo dentro duns anos, máquinas, máquinas que nin sequera se valen por elas mesmas, pois outras máquinas nos faran todo. Non podemos permitir que as tecnoloxías superen aos humanos, facendo con eles o que queren e absorvéndos neste mundo.

 
 

Conservaráse a nosa paisaxe?

Cando nos falan de Galicia e das cousas bonitas que ten, unha das principais que sempre se nos ocorre é a da paisaxe tan verde e bonita que ten Galicia e as súas praias.
Pero en ningún momento nos paramos a pensar se isto seguirá no futuro.
É moi difícil sábelo, pero aínda así podemos facer algunas suposicións de cómo estará dentro duns anos. Por exemplo, todos queremos conservar as nosas fermosas praias, pero estamos facendo algo para iso? Estamos contribuíndo moito có medio ambiente para evitar o quentamento global e que as praias se inunden? A parte de todo isto, xa non é o peor, senón que nós non é que non fagamos nada para evitalo, senón que aínda encima o empeoramos. Con isto refírome por exemplo a querer edificar á beira das praias, destruíndo toda a paisaxe. É isto o que de verdade queremos? Non nos vai importar poder disfrutar da sensación de chagar á Praia e notar que estás noutro mundo, afastado de toda a cidade, sen poder ver paisaxes coma:
 
 
 
Esta imaxe  de abaixo, mostra xa nun dos lados todos os edificios ao lado da Praia, agora imaxinade isto pero por toda a prais. Ben, pois isto é o que non podemos deixar que ocorra, non podemos facer cada un o que queira, construíndo onde queira o como queira. Hai que saber facer ben as cousas, e así non se consiguen, e ao final Galicia destrozará nun futuro unha da paisaxe máis preciadas que ten, as súas praias.
 
             

Seguirá Galicia infravalorada?

Dende sempre Galicia e o seu idioma estiveron infravalorados, non só polo resto do mundo, senón tamén polos propios galegos. Se nós mesmos non respetamos a nosa terra, quen o vai facer? Cómo estará a situación de Galicia e o galego dentro de 25 anos?
En mi opinión, penso que se non abrimos os ollos e miramos máis lexos do que vemos, nós mesmos seremos os causantes de acabar coa nosa propia cultura e lingua.
Hoxe en día a xente coma mín, os adolescentes e tamén xente adulta, non falan o galego, e pensan que é unha lingua, por dicilo dalgunha maneira, pailana, porque o galego redúcese mais ben a falarse no ámbito familiar. A causa disto será que ao final a xente deixe de falalo e desaparezca, pois na actualidade a xente maior é a que máis fala en galego, e tamén dependendo das zonas, sobre todo fálase no campo.
A pesar de todo isto, eu particularmente non penso que vaia a desaparecer, pois hai moita xente que defende a súa lingua, pero sí reduciráse o número de falantes, xa que as novas xeracións non o falan e dentro duns 30 anos a xente que o fala agora posiblemente xa non viva. Aquí vos deixo unha gráfica que mostra as diferenzas entre idades das linguas:

Oxalá se menteña nun futuro, pero somos nós os responsables de que iso ocorra ou non.




 
 

O futuro de Ferrol

Para poder falar de futuro de Ferrol, primeiro empezar dicindo que a falta de emprego converteuse nunha das cousas que máis afectan hoxe en día a todo o país, e moitos lugares dependen de industrias e postos de traballo para que esa zona siga con vida. Este é o caso, por exemplo, do meu querido Ferrol. Só pensar que poida convertirse nunha cidade fantasma, entristéceme. A horrible idea de que o astilleiro de Navantia peche, é o principal medo da mayoría, por non decir de case todos, dos cidadáns ferroláns.  A xente só dí que tal e como vai todo, Ferrol morrerá, pois xa van arredor duns 3000 despidos, de xente que se quedou no paro por falta de traballo, xente que as súas vidas, como a mayoría da poboación, dependen do astilleiro. Se isto chegara a ocorrer e Navantia desaparecera, non só afectaría aos traballadores de aquí, senón tamén a todo Ferrol en xeral, pois a xente empezaría a emigrar, o que faría que aquí non houbera xente para comprar e os comercios terían que pechar, emigrando toda esta xente tamén ao quedarse sen emprego. A conclusión de todo isto é que Ferrol acabaría convertida nunha cidade fantasma, nunca cidade abandonada, que anos atrás foi importante e agora está olvidada.
 
              
 
 
 
Aínda con todo, eu menteño a esperanza. Penso que Navantia rexurdirá de onde está agora. Comezará outra vez a producir tanto como antes e a xente vivirá ben, comprando nas tendas e abrindo todos os comercios que agoran están pechados e coas rúas cheas de xente. É só una mala etapa, pero có tempo, esforzó e solucións todo pasa e Ferrol volverá a ser o que era.
 
 



lunes, 21 de abril de 2014

Chano Piñeiro

Nesta entrada os vou falar dunha persona que foi moi importante para c cultura de Galicia, pois foi o impulsor do cine galego e neste idioma. Trátase de  Luciano Manuel Piñeiro Martínez, coñecido como Chano Piñeiro. Naceu en Pontevedra o 12 de outubro de 1954 e foi un director autodidacta que comezou traballando neste mundo na década dos 7', aínda que xa dende pequeno interesouse pola fotografía.
 
 
 
En 1984 publicou o seu primeiro cortometraxe en 35 mm: "Mamasunción", que trata o retrato dunha muller anciá que espera a carta do seu fillo emigrado. Con esta obra converteuse no icono do cine costumbrista e gañou moitísimos premios. Aquí volo deixo para que o vexades:
 
 
Tamén realixou en 1989 a súa primeira e única película de largometraxe: "Sempre Xonxa", sendo o primeiro largometraxe do cine e realizouse aquí en Galicia, por este gran director.
 
 
As súas obras que ten ao largo da súa vida, xa que faleceu con tan só 40 anos, son:
 
  • O camiño das estrelas (1993). Dirección.
  • Sempre Xonxa (1989). Dirección, Guionista,
  • Esperanza. (1986). Dirección, Guionista.
  • Mamasunción. (1984). Dirección.
  • Eu, o tolo. (1978). Dirección.
  • Os paxaros morren no aire. (1977) Dirección.
  •  
     Todo isto fixo que se convertera nun pionero e símbolo da audiovisual galega, e por iso temos que recoñecelo e galardonalo como realmente se merece.

    Miguel Anxo Prado

    Buscando información sobre personas relevantes na cultura galega encontrei a este conocido dibuxante e escritor de cómics galego, trátase de Miguel Anxo Prado. Iniciou a súa traxectoria en "Fanzine cero" xunto con outros autores e consegue publicar nas mellores revistas da época. Ao principio dos 90 dedícase só ao diseño de debuxos animados en televisión no programa que todos coñecemos "Xabarín Club" e tamén chegou a traballar en Estudos Unidos xunto con Steven Spielberg. Dende o ano 1998 é director do salón do cómic Viñetas desde el Atlántico na Coruña.
     
     
     
     
     
     En 2012 publicou a novela gráfica "Ardalén" có que gañou os premios máis importantes incluíndo no 2013  o Premio Nacional do Cómic con esta obra que mezcla realidade e ficción, memoria e olvido, e destaca tamén pola maestría do uso do color.
     
       Ten una gran cantidade de cómics publicados. Aquí vos deixo algunas das viñetas dos seus cómics:

     
     
    Non só traballou con cómics, senón que tamén ten producción de cine e ilustracións.
    Respecto ao cine, realizou "De profundis", obra que non teñe diálogos.
    Aquí déixovos isto para que vexades un pouco como é:
     
     
     
    Tamén ilustrou o libro "Bala perdida" de Manuel Rivas en lectura infaltil.
     
     
    Neste vídeo nos conta un pouco como foi a súa traxectoria e cando descubríu a súa aficción polos cómics. Tamén nos mostra como fai algún dos seus debuxos.
     
     

    domingo, 20 de abril de 2014

    Maruja Mallo

    Maruja Mallo é unha pintora galega, nacida en Vivero considerada unha das mellores artistas da xeración dos 27 e da vanguardia interior española.

     
    Naceu en Viveiro, en 1902, e o seu verdadeiro nome é Ana María Gómez González. Estudou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde Dalí a introduce no surrealismo e na xeración dos 27. Traballana revista "Revista de occidente" onde fai a súa primeira exposición individual. Viaxa a París nos anos 30 onde entra de pleno no surrealismo. Vvolve a España e có inicio da guerra civil, exíliase en Arxentina e volve nos 60. Morreu en Madrid en 1995.
     
     
     
    
     
     
    A súa obra máis importante é "Canto de las espigas"
     
    Entre outras obras que teñe importantes: 
     
    "La verbena"
     
     
     
     
     
    En Viveiro, realizouse unha exposición no seu nome.
    Tamén outros artistas a consideran una gran artistas, pois mitos deles teñen citas sobre ela, por exemplo:
    "Maruja Mallo, entre Verbena y Espantajo toda la belleza del mundo cabe dentro del ojo, sus cuadros son los que he visto pintados con más imaginación, emoción y sensualidad." de Federico García Lorca
     
    outro exemplo:
     
    "TÚ, tú que bajas a las cloacas donde las flores más flores son ya unos tristes salivazos sin sueños y mueres por las alcantarillas que desembocan a las verbenas desiertas para resucitar al filo de una piedra mordida por un hongo estancado, dime por qué las lluvias pudren las hojas y las maderas. Aclárame esta duda que tengo sobre los paisajes. Despiértame." Rafael Alberti