miércoles, 26 de febrero de 2014

Manifestacións como forma de rebeldía

 
Poucas veces se ve esta imaxe de tanta xente xunta se non é por festas ou actos importantes.
Pero se hay algo en que estamos todos de acordo, son as manifestacións.
 

 
 
Durantes anos e anos non tíñamos outra forma de protestar, de facer ver que nós tamén temos algo que ver neste país.
 
 
Pero en realidade, sabemos os verdadeiros motivos polos que se organizan manifestacións?
 

 
 
 Estas dúas fotos son algún dos exemplos polos que nos rebelamos.
Para empezar a ensinanza pública debería ser primordial. Todos os nenos veñan da familia que veñan teñen dereito a ir á escola, sen que inflúa o diñeiro. Este é o principal problema do goberno, a avaricia. Prefiren deixar a nenos sen estudos antes que escoitar que algo pode ser gratis. "Gratis", esa palabra que parece que non está no vocabulario do Estado. Hoxe en día gaña a escola privava ante a pública pero con diferenza.
 
Outro dos grandes problemas, sobre todo que padece Ferrol e arredores, é o declive de Navantia. Xa van miles de despidos e familias que se quedaron no rúa. A economía da comarca de Ferrol baséase nesta empresa, poderíase dicir que Navantia é a base de Ferrol, a base da economía ferrolana, a base da subsistencia de miles de familias. Se todo isto segue así e seguen aumentando os despidos e recortes, chegará un momento no que terá que pechar, pechando á súa vez a cidade de Ferrol, pois a xente ao quedar sen traballo faria que non quedase outra solución que a emigración, levando isto tamén ao peche dos demáis comercios, pois a mairía da xente de Ferrol traballa aquí, e isto repercutiría nun descenso demográfico moi grande.
 
Por cousas como estas son polas que a xente sae ás rúas, pegando berros reinvindicando os seus dereitos, querendo manter os seus postos de traballo. A poboación nin sequera pide máis do que ten, simplemente pide manterse como estaban para poder vivir.
 
Sinceiramente non penso que sea tan difícil crear postos de traballo, sabendo repartir o diñeiro.
Pode que a clave sea esa, repartir o diñeiro, saber ser xustos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario