miércoles, 26 de febrero de 2014

As paredes falan...


"As paredes falan o que a xente se cala", ista é a frase que máis veces vin repetida buscando información sobre a rebeldía.
Aínda así, a xente segue queixándose pero nas súas mentes, sen buscar apenas solución. A poboación fala pero non dando a cara, senón con pintadas, en redes sociais etc.
Seguimos nos anos de crise, e cada vez son máis as familias que se quedan sen traballo, o que fai que aumente a pobreza. Tamén foron moitas as familias que se quedaron sen casa, sen ter nin sequera un teito onde dormir e comida para poder alimentarse.

 
Ben, pois parece que todo isto aínda non é suficiente para que se produza un levantamento social, un cambio no sistema. Canto máis podremos aguantar asi? O peor de todo é que todo isto pode ir a peor mentres nos sigamos deixándo enganar. Os medios de comunicación son unha parte que axuda a manternos engañados, a vivir nunha sociedade na que parece que todo vai ben cando en realidades todo va mal.
 
 
A verdade é que eu non son una persoa con carácter nin que se soe rebelar, pero aínda así vexo as cousas, e vexo as inxusticias que hai. Non sei se é porque son adolescente e din que somos máis rebeldes. Eu non o vexo así, calquera persoa que quera vivir a súa vida sen ninguén que a controle ten que darse conta do mundo no que vivimos. Cada vez nos quitan máis dereitos, un exemplo claro é o do aborto, agora tampouco podemos decidir nin sequera sobre o noso corpo. Eu son muller, e é a miña vida, e ninguna persoa pode decidir o que quero facer con ela e có meu corpo.

En resumo penso que se de alguna forma nos puxéramos de acordo para protestar e facer ver o que se está facendo mal, poderíase conseguir algo.
O malo é que iso vai ser imposible mentres os que máis teñen seguen gañando máis e máis, e os que menos teñen cada vez teñen menos.
Menos mal que vivimos nun país xusto, o eso din.

No hay comentarios:

Publicar un comentario