Non sei se vos acordaredes de este mural que había antes en Ferrol, na rúa Dolores chegando a Amboaxe. Era en memoria de este nacionalista galego, Reboiras, asasinado polos franquistas e que se recorda coa frase de "Que importa que nos maten se deixamos semente de vencer".
Aínda hai por Ferrol pintadas del na súa memoria, pois aun queda xente que segue mantendo esa ideoloxía de rebeldía, pois foi sindicalista, político nacionalista galego e opositor á ditadura franquista.
Participou no UPG. Nun dos encontros en Ferrol para organizar o partido, concretamente en Canido, son sorprendidos pola Brigada Politico Social e policías, pero grazas a él, os membros do seu partido conseguiron escapar, quedándose Reboiras ao alcance dos policías, que o conseguiron deter na rúa da Terra, onde o tirotearon, pegándolle tres tiros pola espalda a noite do 12 de agosto de 1975. Por isto, todos os anos fáiselle un homenaxe no seu home nese lugar, para recordalo e saber que sempre houbo xente que loitou polos nosos dereitos, rebelándose contra os sistemas políticos.
A pintada deste mural no seu recordo, deu a pensar que podía xurdir unha organización terrorista galego debida á oposición policial coa Resistencia Galega. Todos estes grupos nacionalistas sempre foron máis marxinados, por iso saltou a alarma da súa rebelación contra o Estado, imitando a ETA no País Vasco. Finalmente se soubo que os intentos do terrorismo galego eran falsos.Para rematar déixovos cun dos tantos homenxes que se fixeron a Moncho Reboiras, pois para os seus seguidores aínda non morreu, senón que estará sempre na Patria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario