domingo, 20 de abril de 2014

Música galega

Hola compañeiros, xa que temos que falar de cousas sobre a cultura galega, vou empezar falando sobre a música galega, en concreto sobre un grupo, Fuxan os ventos.




Fuxan os ventos é un grupo galego, de Lugo, que recolle e canta cantigas, cancións tradicionais de pobos, cancións protesta, poemas de autores e tamén composicións propias, aínda que empezou tovando mñusica flok. Dependendo de como se mire, este grupo pode considerarse reinvindicativo, non só polo feito dos temas que trata e as súas letras, senón polo feito de que canta galego e xa empezou a facelo nos tempos de finais do franquismo, no ano que se creou, en 1972. Tamén houbo máis grupos neste tempo pero foi o que máis compromiso social tivo.
Bueno, despois de contaros un pouco como é o grupo, os vou ensinar por quen está formado. Está composto por nove persoas, a cal cada una ten a súa función no grupo, e son:
 

  • Antón Castro, zanfona, mandolina, voz.
  • Xosé Vázquez, percusión tradicional y voz.
  • Pedro Lucas, gaita, flautas y voz.
  • Xoan L. Fuertes Saavedra, bouzuki, guitarra, violín y voz.
  • Carmen Vázquez, voz.
  • Tereixa Novo, voz.
  • Maruxa Fociños, voz.
  • Alfonso Fernández, voz.
  • Moncho Díaz, voz, guitarra, flautas.

  • Este grupo é un dos moitos exemplos da cantidade de cousas que temos en Galicia, como é a música coas súas cancións en galego e que nin sabemos que existen. Tamén é certo que este grupo recibíu moitos premios, pero polo pobo galego non é tan recoñecido, pois a xente normalmente non escoita música en galego, o que fai que se vaian perdendo cad vez máis cousas da nosa cultura.

     
     
     
     
     
     


    No hay comentarios:

    Publicar un comentario