En mi opinión, penso que se non abrimos os ollos e miramos máis lexos do que vemos, nós mesmos seremos os causantes de acabar coa nosa propia cultura e lingua.
Hoxe en día a xente coma mín, os adolescentes e tamén xente adulta, non falan o galego, e pensan que é unha lingua, por dicilo dalgunha maneira, pailana, porque o galego redúcese mais ben a falarse no ámbito familiar. A causa disto será que ao final a xente deixe de falalo e desaparezca, pois na actualidade a xente maior é a que máis fala en galego, e tamén dependendo das zonas, sobre todo fálase no campo.
A pesar de todo isto, eu particularmente non penso que vaia a desaparecer, pois hai moita xente que defende a súa lingua, pero sí reduciráse o número de falantes, xa que as novas xeracións non o falan e dentro duns 30 anos a xente que o fala agora posiblemente xa non viva. Aquí vos deixo unha gráfica que mostra as diferenzas entre idades das linguas:
Oxalá se menteña nun futuro, pero somos nós os responsables de que iso ocorra ou non.
No hay comentarios:
Publicar un comentario