martes, 20 de mayo de 2014

Demasiadas tecnoloxías

Demasiadas tecnoloxías, é o primeiro que se me ven á cabeza se penso no futuro.
Có paso dos anos non saberemos facer nada, pois as máquinas faran todo por nós, Chegaremos a ser seres que están no mundo por estar, xa que non realizaremos ningunha función útil para o mundo no que vivimos. É certo que España, en concreto Galicia, xa que é a miña terra e vou falar dela, non está aínda tan modernizada como pode ser por exemplo un país como China. Aínda así, só é cuestión de tempo. Galicia sempre caracterizouse por ser agraria, por ter abundante ocupación no sector primario, a diferenza das outras comunidades. Isto é o único que igual salva a Galicia da desaparición da súa xente, pois sempre quedarán persoas que se encarguen do campo e da agricultura e gandería. Pero que isto siga asi, depende de nós. Nos estamos convirtindo nunha sociedade que vive por e para as tecnoloxías, nunha sociedade que non pode saír de casa se o seu teléfono móvil ou sen ter internet. Pois isto é o que acaremos sendo dentro duns anos, máquinas, máquinas que nin sequera se valen por elas mesmas, pois outras máquinas nos faran todo. Non podemos permitir que as tecnoloxías superen aos humanos, facendo con eles o que queren e absorvéndos neste mundo.

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario