martes, 20 de mayo de 2014

O futuro de Ferrol

Para poder falar de futuro de Ferrol, primeiro empezar dicindo que a falta de emprego converteuse nunha das cousas que máis afectan hoxe en día a todo o país, e moitos lugares dependen de industrias e postos de traballo para que esa zona siga con vida. Este é o caso, por exemplo, do meu querido Ferrol. Só pensar que poida convertirse nunha cidade fantasma, entristéceme. A horrible idea de que o astilleiro de Navantia peche, é o principal medo da mayoría, por non decir de case todos, dos cidadáns ferroláns.  A xente só dí que tal e como vai todo, Ferrol morrerá, pois xa van arredor duns 3000 despidos, de xente que se quedou no paro por falta de traballo, xente que as súas vidas, como a mayoría da poboación, dependen do astilleiro. Se isto chegara a ocorrer e Navantia desaparecera, non só afectaría aos traballadores de aquí, senón tamén a todo Ferrol en xeral, pois a xente empezaría a emigrar, o que faría que aquí non houbera xente para comprar e os comercios terían que pechar, emigrando toda esta xente tamén ao quedarse sen emprego. A conclusión de todo isto é que Ferrol acabaría convertida nunha cidade fantasma, nunca cidade abandonada, que anos atrás foi importante e agora está olvidada.
 
              
 
 
 
Aínda con todo, eu menteño a esperanza. Penso que Navantia rexurdirá de onde está agora. Comezará outra vez a producir tanto como antes e a xente vivirá ben, comprando nas tendas e abrindo todos os comercios que agoran están pechados e coas rúas cheas de xente. É só una mala etapa, pero có tempo, esforzó e solucións todo pasa e Ferrol volverá a ser o que era.
 
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario