lunes, 13 de enero de 2014

Recordos do franquismo

Os meus avós viviron en primeira persoa a época do franquismo, grazas a isto agora coñezo moitas máis cousas sobre eles. O malo é que os meus bisavós non viven e non puiden averiguar moito sobre eles. Aínda así, agora sei o que pensan, as súas ideoloxías e o mal que o pasaron para poder sobrevivir, pero sobre todo defendendo sempre os seus dereitos. Preguntándolles sobre todo isto, ensináronme estas fotos:


Trátanse da miña bisavoa Manola Sanjurjo López (a da primeira foto) e da miña avoa, (a da segunda) pasado xa o 72.  Para poder explicalas mellor tiven a axuda da miña avoa:
 
 
Nunha ocasión tamén chamaron do cuartel civil á miña avoa por pentercer a estes partidos e despóis falaron có meu avó para advertirlle de que a súa muller andaba metida niso pensando que él ía estar en contra dela. A xogada saíulles mal, pois o meu avó compartía as mesmas ideas que a miña avoa. Por sorte nunca chegaron a detelos.

A miña avoa

Cando lle preguntei á miña avoa paterna, Josefa Malde Sanjurjo, que me podía contar sobre o franquismo, explicoume todo sobre como se vivía naquel tempo, as malas condicións e a gran represión que había contra todo aquel que non seguía as ideas franquistas. Neste video conta un pouco cómo vivíu ela ese tempo, pois ela pertencía e pertence aos comunistas.

O meu avó

O seguinte video trata sobre unha historia que lle pasou ao meu avó Antonio Cabanas Anido na época de Franco cando él traballaba en Bazán. Nunca estivo de acordo có franquismo e debido a isto e os tempos tan duros que corrían acontecéulle isto:

A guerra e o meu bisavó

O mei bisavó José Malde Lagoa foi un dos tantos homes que foron á guerra no ano 1936, pois nesta época reclutaban a todos os homes fosen da ideoloxía que fosen para ir loitar. Neste caso, o meu bisavó estaba en contra das ideas franquistas e para que non os colleran tiñas que recorrer a calquer medio posible.  Aquí vos deixo unha historia que me contou a súa filla, a miña avoa:


miércoles, 27 de noviembre de 2013

Descendente da sirea Mariña

Fai uns días coñecín a unha nena que se chamaba Mariña Mariño. Chamoume a atención que o nome e o apelido parecéranse tanto e pregunteille se tiñan algo que ver. Díxome que sí, que todo estaba relacionado e empezou a contarme unha lenda galega.

A lenda conta que fai anos vivía un señor chamado Don Froyaz de Froilán que paseando pola Praia encontrou unha sirea e aproveitando que estaba durmida a levou para a súa casa e empezou a chamarlle Mariña. Mariña non sabía falar e Don Froilán fixo todo o posible para ensinarlle pero non o conseguíu. Na noite de San Xoan, a noite máxica dos celtas, fíxose a famosa hoguera e Don Froilán fixo o amago de tirar ao seu fillo, entón a sirena gritou de feito milagroso por él e chamáronlle ao neno Xoán.



A miña amiga Mariña contábao con certo entusiasmo, falando da lenda e dicíndome que ao ser irmán tamén lle puxeron Xoán, pero viu que eu non me acababa de crer iso, entón díxome que contan que é verdade, pois aos fillos deles comezaron a chamarlles mariños e o escudo dos Mariño ten tres ondas e unha sirena.
Ela mesma tiña un na súa casa, polo tanto ao final pode que sexa verdade, pois dalgún lado teñen que vir tantas casualidades. Quen sabe...

Unha muller celta

Hola a todos, chámome Xinebra e son unha muller celta. Os meus país puxéronme ese nome que significa "branca como a espuma do mar", xa que cando nacín era tan branca coma un copiño de neve. Sempre me gustou a maxia e os conxuros, e é por iso que agora estou aquí contándovos isto. Un día facendo rituais e maxia que me ensinara  a miña avoa, debín de facer algo mal e aparecín neste mundo tan raro.
Xa que me aconteceu isto, aproveito para contárvos como era a nosa vida nos castros e como estábamos vistas pola socidade do noso tempo, pois sempre temos curiosidade polas cousas que non sabemos e nos estamos facendo continuas preguntas de cómo serían antes.
Polo que levo visto ata agora, a xente pensa que vivíamos na prehistoria e non tiñamos recursos. Pois non é verdade. Para empezar dicir que nosoutras, as mulleres, lavábamos dúas veces ao día, cousas que nin facían as mulleres romanas das clases altas. Encántanos adornarnos e coidar o noso físico. Para iso usamos de maquillaxe unhas herbas chamadas ruan para dar cor ás meixelas e os ollos os pintamos có xugo das baias. Tamén pintamos as uñas das mans e dos pes. Os peinados que más usamos son os cabelos recollidos en trenzas longas ás que lles poníamos adornos. En realidade todo o que se fai na actualidade xa o facemos nosoutras daquela, igual que agora, tamén nos gusta chamar a atención do home, por iso nas festas poñémonos as nosas mellores galas, con capas bordadas de ouro e plata. Pero tamén diciros que nosotras non pertencemos a ninguén, e ninguén nos obliga a casarnos con alguén que non queremos. Somos independentes e enamorámonos elixindo a quen queremos, como se fai agora. Cando casamos, os dous temos o mesmo poder sobre as nosas propiedades.
A pesar de todo isto, e todo o boas e dulces que podemos ser, todo iso esfúmase en canto participamos nas guerras, pois somos igual de bárbaras que os homes en canto sacamos toda a nosa furia. Nin un exército enteiro sería capaz de deternos se nos xuntamos todas. Ocurre o mesmo se notamos perigo na nosa familia, atacamos máis rabiosas que unha manada de lobas defendendo á súa camada. Defendemos as armas á perfección e luchamos ao lado dos homes tan ben coma eles ou ás veces incluso mellor. Na nosa sociedade aínda que había diferenzas, nestes aspectos somos iguais ca eles.
En xeral gustaríame que vos quedásedes cunha frase que nos define á perfección: NADA MÁIS DULCE E FIERO Á VEZ QUE UNHA MULLER CELTA.
Despois de contaros un pouco como somos, pois non quero que teñades ese concepto equivocado sobre nosoutras dos típicos tópicos como que non nos importa o noso físico, somos propiedade dos homes e nunca participamos nunha batalla, espero que todo isto vos servira de algo e eu mentras vou intentar buscar a unha meiga ou alguén que poida axudarme a volver á miña casa. Saúdos!

sábado, 23 de noviembre de 2013

Descubrindo a miña zona

Moi boas compañeiros! Vouvos contar o que me sucedeu o outro día.
Fun coa miña nai, tia e os meus curmás de visita á casa dos nosos avós en Esmelle. Chegamos e despois de saudálos os meus curmás e eu decidimos ir dar unha volta polos arredores da casa. Votamos a andar polo monte e despois dun rato xa estabamos cansados e buscamos algo onde sentarnos. Vimos ao lexos unhas pedras e pensamos que iso podía ser un bó sitio para descansar. Acercámonos e cando nos íamos sentar a miña curmá máis pequena dixo:
-Fixádevos! Ata parece que as pedras fan un debuxo! Fixo que alguén colocounas así para que a xente puidera sentarse.  
A verdade é que tiña razón, aquelas pedras non parecían que estiveran así colocadas de casualidade ou efectos da natureza. Aquí os deixo algunha foto:

 
Volvímos á casa e preguntámoslle ao noso avó que eran esas pedras. Contounos que pertencían a un antigo castro, ao Castro de Tralocastro, e díxonos que íamos a velo outra vez pero esta vez íanos contar a historia. Mentras íamos camiñando, contounos que este castro permaneceu ahí dende antes da invasión romana, pois ten aún restos de casas circulares, Tamén consérvase moi ben a entrada ao castro. Foi habitado por unas 600 persoas e ten una dobre muralla, cousas como istas son as que,  como explicounos o meu aó, o que lle dan unha natureza imperial. 
 
 
 
 
A lenda conta que había baúles cheos de moedas e xoias de ouro, pois encontrouse un colar de ouro. Tamén contan que había túneles que comunicaban ata a Praia. Outra lenda que se dí e que os romanos asentáronse e enfrentáronse dende ahí a cañonazos cós ingleses en 1700 cando viñeron polas costas a conquistarnos, por iso aparte do ouro, tamén garda unha potente historia guerrera.