miércoles, 26 de febrero de 2014

Xosé Ramón Reboiras

 
Non sei se vos acordaredes de este mural que había antes en Ferrol, na rúa Dolores chegando a Amboaxe. Era en memoria de este nacionalista galego, Reboiras, asasinado polos franquistas  e que se recorda coa frase de "Que importa que nos maten se deixamos semente de vencer". 
 
 
 
Aínda hai por Ferrol pintadas del na súa memoria, pois aun queda xente que segue mantendo esa ideoloxía de rebeldía, pois foi sindicalista, político nacionalista galego e opositor á ditadura franquista.
Participou no UPG. Nun dos encontros en Ferrol para organizar o partido, concretamente en Canido, son sorprendidos pola Brigada Politico Social e policías, pero grazas a él, os membros do seu partido conseguiron escapar, quedándose Reboiras ao alcance dos policías, que o conseguiron deter na rúa da Terra, onde o tirotearon, pegándolle tres tiros pola espalda a noite do 12 de agosto de 1975. Por isto, todos os anos fáiselle un homenaxe no seu home nese lugar, para recordalo e saber que sempre houbo xente que loitou polos nosos dereitos, rebelándose contra os sistemas políticos.

A pintada deste mural no seu recordo, deu a pensar que podía xurdir unha organización terrorista galego debida á oposición policial coa Resistencia Galega. Todos estes grupos nacionalistas sempre foron máis marxinados, por iso saltou a alarma da súa rebelación contra o Estado, imitando a ETA no País Vasco. Finalmente se soubo que os intentos do terrorismo galego eran falsos.
Para rematar déixovos cun dos tantos homenxes que se fixeron a Moncho Reboiras, pois para os seus seguidores aínda non morreu, senón que estará sempre na Patria.

Grupos rebeldes

 
Unha forma de expresar os pensamentos é a través de cancións.
Grazas a isto descubrín uns grupos galegos que á hora de cantar non teñen ningúns escrúpulos e din todo tal e como pensan da sociedade a que vivimos.
É unha forma orixinal de rebelarse e transmitir os pensamentos, gañándote á xente, pois a través disto fan que a xente os siga e comparta as mesmas ideoloxías.
Algúns destes grupos son "Tiro na testa" con por exemplo a sua canción "Me tomo la libertad". Nas súas letras unha frase que me gustou foi: "Me tomo la libertad de decir lo que pienso, aunque pueda volverse luego contra mí, hay cosas que es mejor no dejar dentro a riesgo de que revienten por no salir" Isto é un claro exemplo para incitarnos a rebelarnos, a dicir o que pensamos sen medo.
Outro dos grupos é "Dakidarria" aquí vos deixo unha das súas cancións chamada "Mil berros" para lograr a liberdade galega.


 
 

Outros exemplos son "Arenga", "Retobato" e "Herdeiros da cruz" con unas das súas cancións nas que fala da emigración que tivo e ten que sufrir Galicia a causa da sitación: "De Jalisia ó estranxeiro"

As paredes falan...


"As paredes falan o que a xente se cala", ista é a frase que máis veces vin repetida buscando información sobre a rebeldía.
Aínda así, a xente segue queixándose pero nas súas mentes, sen buscar apenas solución. A poboación fala pero non dando a cara, senón con pintadas, en redes sociais etc.
Seguimos nos anos de crise, e cada vez son máis as familias que se quedan sen traballo, o que fai que aumente a pobreza. Tamén foron moitas as familias que se quedaron sen casa, sen ter nin sequera un teito onde dormir e comida para poder alimentarse.

 
Ben, pois parece que todo isto aínda non é suficiente para que se produza un levantamento social, un cambio no sistema. Canto máis podremos aguantar asi? O peor de todo é que todo isto pode ir a peor mentres nos sigamos deixándo enganar. Os medios de comunicación son unha parte que axuda a manternos engañados, a vivir nunha sociedade na que parece que todo vai ben cando en realidades todo va mal.
 
 
A verdade é que eu non son una persoa con carácter nin que se soe rebelar, pero aínda así vexo as cousas, e vexo as inxusticias que hai. Non sei se é porque son adolescente e din que somos máis rebeldes. Eu non o vexo así, calquera persoa que quera vivir a súa vida sen ninguén que a controle ten que darse conta do mundo no que vivimos. Cada vez nos quitan máis dereitos, un exemplo claro é o do aborto, agora tampouco podemos decidir nin sequera sobre o noso corpo. Eu son muller, e é a miña vida, e ninguna persoa pode decidir o que quero facer con ela e có meu corpo.

En resumo penso que se de alguna forma nos puxéramos de acordo para protestar e facer ver o que se está facendo mal, poderíase conseguir algo.
O malo é que iso vai ser imposible mentres os que máis teñen seguen gañando máis e máis, e os que menos teñen cada vez teñen menos.
Menos mal que vivimos nun país xusto, o eso din.

lunes, 13 de enero de 2014

Recordos do franquismo

Os meus avós viviron en primeira persoa a época do franquismo, grazas a isto agora coñezo moitas máis cousas sobre eles. O malo é que os meus bisavós non viven e non puiden averiguar moito sobre eles. Aínda así, agora sei o que pensan, as súas ideoloxías e o mal que o pasaron para poder sobrevivir, pero sobre todo defendendo sempre os seus dereitos. Preguntándolles sobre todo isto, ensináronme estas fotos:


Trátanse da miña bisavoa Manola Sanjurjo López (a da primeira foto) e da miña avoa, (a da segunda) pasado xa o 72.  Para poder explicalas mellor tiven a axuda da miña avoa:
 
 
Nunha ocasión tamén chamaron do cuartel civil á miña avoa por pentercer a estes partidos e despóis falaron có meu avó para advertirlle de que a súa muller andaba metida niso pensando que él ía estar en contra dela. A xogada saíulles mal, pois o meu avó compartía as mesmas ideas que a miña avoa. Por sorte nunca chegaron a detelos.

A miña avoa

Cando lle preguntei á miña avoa paterna, Josefa Malde Sanjurjo, que me podía contar sobre o franquismo, explicoume todo sobre como se vivía naquel tempo, as malas condicións e a gran represión que había contra todo aquel que non seguía as ideas franquistas. Neste video conta un pouco cómo vivíu ela ese tempo, pois ela pertencía e pertence aos comunistas.

O meu avó

O seguinte video trata sobre unha historia que lle pasou ao meu avó Antonio Cabanas Anido na época de Franco cando él traballaba en Bazán. Nunca estivo de acordo có franquismo e debido a isto e os tempos tan duros que corrían acontecéulle isto:

A guerra e o meu bisavó

O mei bisavó José Malde Lagoa foi un dos tantos homes que foron á guerra no ano 1936, pois nesta época reclutaban a todos os homes fosen da ideoloxía que fosen para ir loitar. Neste caso, o meu bisavó estaba en contra das ideas franquistas e para que non os colleran tiñas que recorrer a calquer medio posible.  Aquí vos deixo unha historia que me contou a súa filla, a miña avoa: