martes, 20 de mayo de 2014

Demasiadas tecnoloxías

Demasiadas tecnoloxías, é o primeiro que se me ven á cabeza se penso no futuro.
Có paso dos anos non saberemos facer nada, pois as máquinas faran todo por nós, Chegaremos a ser seres que están no mundo por estar, xa que non realizaremos ningunha función útil para o mundo no que vivimos. É certo que España, en concreto Galicia, xa que é a miña terra e vou falar dela, non está aínda tan modernizada como pode ser por exemplo un país como China. Aínda así, só é cuestión de tempo. Galicia sempre caracterizouse por ser agraria, por ter abundante ocupación no sector primario, a diferenza das outras comunidades. Isto é o único que igual salva a Galicia da desaparición da súa xente, pois sempre quedarán persoas que se encarguen do campo e da agricultura e gandería. Pero que isto siga asi, depende de nós. Nos estamos convirtindo nunha sociedade que vive por e para as tecnoloxías, nunha sociedade que non pode saír de casa se o seu teléfono móvil ou sen ter internet. Pois isto é o que acaremos sendo dentro duns anos, máquinas, máquinas que nin sequera se valen por elas mesmas, pois outras máquinas nos faran todo. Non podemos permitir que as tecnoloxías superen aos humanos, facendo con eles o que queren e absorvéndos neste mundo.

 
 

Conservaráse a nosa paisaxe?

Cando nos falan de Galicia e das cousas bonitas que ten, unha das principais que sempre se nos ocorre é a da paisaxe tan verde e bonita que ten Galicia e as súas praias.
Pero en ningún momento nos paramos a pensar se isto seguirá no futuro.
É moi difícil sábelo, pero aínda así podemos facer algunas suposicións de cómo estará dentro duns anos. Por exemplo, todos queremos conservar as nosas fermosas praias, pero estamos facendo algo para iso? Estamos contribuíndo moito có medio ambiente para evitar o quentamento global e que as praias se inunden? A parte de todo isto, xa non é o peor, senón que nós non é que non fagamos nada para evitalo, senón que aínda encima o empeoramos. Con isto refírome por exemplo a querer edificar á beira das praias, destruíndo toda a paisaxe. É isto o que de verdade queremos? Non nos vai importar poder disfrutar da sensación de chagar á Praia e notar que estás noutro mundo, afastado de toda a cidade, sen poder ver paisaxes coma:
 
 
 
Esta imaxe  de abaixo, mostra xa nun dos lados todos os edificios ao lado da Praia, agora imaxinade isto pero por toda a prais. Ben, pois isto é o que non podemos deixar que ocorra, non podemos facer cada un o que queira, construíndo onde queira o como queira. Hai que saber facer ben as cousas, e así non se consiguen, e ao final Galicia destrozará nun futuro unha da paisaxe máis preciadas que ten, as súas praias.
 
             

Seguirá Galicia infravalorada?

Dende sempre Galicia e o seu idioma estiveron infravalorados, non só polo resto do mundo, senón tamén polos propios galegos. Se nós mesmos non respetamos a nosa terra, quen o vai facer? Cómo estará a situación de Galicia e o galego dentro de 25 anos?
En mi opinión, penso que se non abrimos os ollos e miramos máis lexos do que vemos, nós mesmos seremos os causantes de acabar coa nosa propia cultura e lingua.
Hoxe en día a xente coma mín, os adolescentes e tamén xente adulta, non falan o galego, e pensan que é unha lingua, por dicilo dalgunha maneira, pailana, porque o galego redúcese mais ben a falarse no ámbito familiar. A causa disto será que ao final a xente deixe de falalo e desaparezca, pois na actualidade a xente maior é a que máis fala en galego, e tamén dependendo das zonas, sobre todo fálase no campo.
A pesar de todo isto, eu particularmente non penso que vaia a desaparecer, pois hai moita xente que defende a súa lingua, pero sí reduciráse o número de falantes, xa que as novas xeracións non o falan e dentro duns 30 anos a xente que o fala agora posiblemente xa non viva. Aquí vos deixo unha gráfica que mostra as diferenzas entre idades das linguas:

Oxalá se menteña nun futuro, pero somos nós os responsables de que iso ocorra ou non.




 
 

O futuro de Ferrol

Para poder falar de futuro de Ferrol, primeiro empezar dicindo que a falta de emprego converteuse nunha das cousas que máis afectan hoxe en día a todo o país, e moitos lugares dependen de industrias e postos de traballo para que esa zona siga con vida. Este é o caso, por exemplo, do meu querido Ferrol. Só pensar que poida convertirse nunha cidade fantasma, entristéceme. A horrible idea de que o astilleiro de Navantia peche, é o principal medo da mayoría, por non decir de case todos, dos cidadáns ferroláns.  A xente só dí que tal e como vai todo, Ferrol morrerá, pois xa van arredor duns 3000 despidos, de xente que se quedou no paro por falta de traballo, xente que as súas vidas, como a mayoría da poboación, dependen do astilleiro. Se isto chegara a ocorrer e Navantia desaparecera, non só afectaría aos traballadores de aquí, senón tamén a todo Ferrol en xeral, pois a xente empezaría a emigrar, o que faría que aquí non houbera xente para comprar e os comercios terían que pechar, emigrando toda esta xente tamén ao quedarse sen emprego. A conclusión de todo isto é que Ferrol acabaría convertida nunha cidade fantasma, nunca cidade abandonada, que anos atrás foi importante e agora está olvidada.
 
              
 
 
 
Aínda con todo, eu menteño a esperanza. Penso que Navantia rexurdirá de onde está agora. Comezará outra vez a producir tanto como antes e a xente vivirá ben, comprando nas tendas e abrindo todos os comercios que agoran están pechados e coas rúas cheas de xente. É só una mala etapa, pero có tempo, esforzó e solucións todo pasa e Ferrol volverá a ser o que era.